O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acorda a suspensión cautelar do parque eólico Valdpereira, no Irixo ao considerar que a instalación pode "perturbar a saúde de persoas e benestar dos animais"
O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza vén de acordar a suspensión cautelar de seis novos parques eólicos ao considerar o alto risco de que a súa construción cause "danos irreversíbeis", amparándose no principio de "periculum in mora", entre os seis proxectos paralizados cautelarmente pola xustiza figura o de Valdepereira, que se reparte entre os concellos do Irixo e Lalín.
No seu veredicto, a sección terceira da Sala do contencioso-administrativo do TSXG manifesta que "a prevalencia da protección ambiental non significa que se a actuación incide no medio ambiente teña que ser suspendida de forma automática". A Sala considera que se acreditaron os prexuízos que a instalación podería ocasionar a valores ambientais sensíbeis, así como a presenza nesas zonas de especies vulnerábeis ou en perigo de extinción.
Ademáis, no caso concreto do proxecto deste parque eólico denominado Valdepereira, o alto tribunal galego indica que a distancia á que se proxectan construír as instalacións polo menos un dos aeroxeradores está situado a 610 metros da aldea da Ermida, no concello do Irixo é "susceptíbel de ocasionar unha perturbación significativa sobre a saúde das persoas e o benestar dos animais, que constitúe un dano de difícil reparación, ao incidir, en relación aos humanos, sobre os dereitos fundamentais á integridade física e á vida privada e familiar dentro do domicilio".