O TSXG da a razón ó Concello de Avión no conflicto de deslindes con Carballeda de Avia
Casa do Concello de Avión
O Auto supón un novo pronunciamento favorable para os intereses do Concello de Avión, no litixio que mantén có Concello de Carballeda de Avia polos lindes municipais. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ven de dictar un novo Auto polo que desestima a solicitude presentada polo Concello de Carballeda de Avia de suspensión do Decreto da Xunta de Galicia, polo se resolvia o conflicto de lindes que enfronta a ambos concellos. Con esta decisión do TSXG, queda claro que desde o pasado 14 de febreiro de 2009 son de titularidade do Concello de Avión os terreos afectados polo deslinde, e tamén son propiedade municipal de Avión todas as infrastucturas e instalacións que se atopan nesta zona, como son o curro do Faro, a área de descanso e os 2 aeroxeneradores do parque eólico do Tea, que deixarán de tributar en Carballeda de Avia e pasarán a pagar os impostos no Concello de Avión. O conflicto pola titularidade desta propiedade tén a súa orixe na instalación dos postes eólicos, que reportan un importante beneficio económico, enfrontando desde entón ós comuneiros de Laceiras, localidade pertecente a Carballeda de Avia, cós de Cortegazas, que forma parte do Concello de Avión. Tras coñecerse hoxe o Auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o Alcalde de Avión, Antonio Montero declarou en Cope O Carballiño que "a pesar de todas as manifestaciós realizadas desde o Concello de Carballeda de Avia sobre este asunto, todas as resoluciós habidas atá agora sempre nos deron a razón".