O TSXG declara inexecutable a sentencia que ordenaba ao concello derrubar 6 áticos e 36 rochos do edificio do antigo hotel Rogelia

8, Novembro 2013

Veciños lindantes denunciaran o aumento de volume na edificación e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia deulles a razón e ordenou ao concello que repoñese a legalidade urbanística.

Tratase do edificio sito entre a Praza dos Irmáns Prieto e a Avenida Julio Rodríguez Soto, popularmente coñecido como o edificio do "Hotel Rogelia", xa que a nova construcción edificouse no solar que ocupaba o famoso hotel carballiñés aberto ata os anos oitenta do século pasado.

O TSXG ordenanara o derrubo de 6 áticos e 36 rochos, e o concello do Carballiño solicitara que se considerase inexecutable a sentencia, tendo en conta o perxuizo social e económico que causaría a execución da sentencia, tan so o proxecto de derrubo e as indemnizacións superarían os dous millóns de euros, pero o alto tribunal denegara a petición presentada durante o mandato do ex-alcalde Carlos Montes, ao considerar que non se xustificara debidamente o recurso de súplica.

Xa durante o actúal mandato municipal, o alcalde Argimiro Marnotes volveu solicitar do TSXG que se considerase inexecutable a sentencia, alegando mediante a presentación dun informe feito por unha empresa especializada que o derrubamento faría perigar a estructura do edificio. Finalmente, o tribunal acepta agora a petición do concello e declara como inexecutable o derrubo e contempla tan so o pago de indemnizacións que o concello deberá acordar cos demandantes.

Os Socialistas alegranse da noticia e recordan "que foi Carlos Montes quen puxo en marcha esta solución"

O grupo municipal de PSdeG manifesta que é "unha boa noticia, alegregámonos pero temos que recordarlle á opinión pública que foi o anterior goberno socialista quen iniciou as xestións par buscar unha solución o menos perxudicial para o concello do Carballiño, foi Carlos Montes quen iniciou este proceso que agora culmina ante o TSXG, e incluso lle custou cartos do seu bolsillo, tivera que pagar multas para evitar o derrubo", remarcan dende o PSdeG.

Finalmente, os socialistas lamentan que "unha falcatruada de Marnotes pai lévelle costado tanto diñeiro ó concello do Carballiño, por eso non entendemos este intento do actúal alcalde de intentar apuntarse un tanto con todo esto".