O vicepresidente económico da Xunta e o alcalde do Irixo avanzan en novas vías de colaboración para apoiar aos empresarios e emprendores locais
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta semana en Santiago de Compostela un encontro co alcalde do concello do Irixo, Manuel Cerdeira, que serviu para avanzar en novas vías de colaboración para apoiar os emprendedores e empresarios locais.
Na xuntanza os dous destacaron a oportunidade que supón para a dinamización da economía o novo coworking impulsado polo Igape e a Escola de Organización Industrial en colaboración coa Mancomunidade do Carballiño, que preside Manuel Cerdeira.
Trátase dun espazo de traballo destinado a emprendedores e que contemplan no seu conxunto distintas actividades e asesoramento, e están deseñados para aumentar as posibilidades de éxito de proxectos innovadores en fases temperás de desenvolvemento. Na reunión avaliaron outras iniciativas conxuntas como o marketplace impulsado polo Concello e que permite adquirir en liña pan, mel, lácteos, carne e outros artigos de produtores e comercios locais. A Xunta apoia con máis de 47.000 euros esta plataforma dixital coa que o Goberno municipal dá visibilidade e achega novas posibilidades de negocio para as empresas da localidade.