O Xefe da Policia Local defende o operativo de emerxencias que participou no incendio do nº 10 de Julio Rodriguez Soto e lamenta os insultos aos bombeiros. Escoita aquí a entrevista.
O xefe da Policia Local do Carballiño considera que a actuación dos servizos de emerxencias que acudiron este pasado dia 2 de agosto para controlar un incendio declarado nas instalacións da axencia Cer&Ber, nunhas galerias de Julio Rodríguez Soto foi a correcta, saíndo ao paso das críticas veciñais.
E lamenta que os bombeiros que desenvolvían o seu traballo fosen "increpados por alguén",chegou a asegurar.
Escoita a entrevista no audio adxunto: