O Xeodestino Turístico O Carballiño Ribeiro presenta en "Turexpo" o seu calendario de festas gastronómicas e históricas
A caseta do Xeodestino do Ribeiro O Carballiño presentouse na Feira Internacional de Galicia (Turexpo) en Silleda. Un acto ao que asistiron o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González Vázquez; o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; o alcalde de Ribadavia, Cesar Fernández; e o alcalde de San Cristobo de Cea, José Luis Valladares Fernández.
Este ano as auténticas protagonistas son as Feiras de Interese, tanto gastronómicas como turísticas, dos diferentes municipios que compoñen o Xeodestino O Ribeiro-O Carballiño.
Con máis de 50 anos de historia, destacamos a tradicional e multitudinaria “Festa do Polbo” do Carballiño. Unha festa de interese turístico internacional que se celebra cada ano no mes de agosto no Carballiño. Unha festa gastronómica acompañada de música e tradición que recibe cada ano a máis de 50.000 persoas con ganas de gozar e degustar a auténtica receita de polbo á feira de Galicia.
Continuamos coa “Festa dá Istoria” de Ribadavia, unha festa de interese turístico nacional que, tras o gran esforzo do pobo, en 1989 conseguiuse recuperar co obxectivo de retomar a tradición e vivir unha auténtica celebración medieval no municipio. Desde aquela continúa celebrándose cada ano a última fin de semana de agosto. Xa se está preparando a nova edición, que terá lugar os días 30 e 31 de agosto. Durante esa fin de semana o centro de cidade transfórmase nun verdadeiro pobo medieval, onde a xente disfrázase con traxes antigos mentres se pasean polas rúas cheas de mercadillos.
Outra gran festa que reina no Xeodestino O Ribeiro O Carballiño é a “Feira do Viño do Ribeiro”. É a festa vitivinícola máis antiga de Galicia e nela poderanse realizar catas de diferentes adegas acompañas con showcookings, actuacións musicais, talleres de maridaxe… toda unha experiencia para os amantes do viño. A feira, declarada de interese turístico Nacional, reúne a miles de persoas en Ribadavia no mes de maio. Para a seguinte edición teremos que esperar un pouquiño.
Descubrindo o Xeodestino O Ribeiro O Carballiño tamén se presentaron na caseta de Turexpo as feiras de Interese Turístico de Galicia: a Festa da Vendima de Leiro, a Festa do Pemento de Arnoia e a Festa do Pan de Cea. Acompañando estas 6 grandes feiras destacan: a Festa Mexicana (Avión), 1809: A Batalla de Pazos de Arenero (Boborás), a Festa do Chuletón (Garabás - Maside), a Festa do Viño Novo (Cabanelas - Carballiño), a Festa dá Anguía (Barral - Castrelo do Miño), a Festa dá Cachucha (Carballiño), a Festa do Cabalo (Puzo do Lago - Maside) e a Festa do Licor Café (Berán - Leiro)