OArenteiro culmina cun empate en Avilés unha gran segunda volta do campionato na Segunda RFEF
Avilés e Arenteiro ofreceron un bo encontro de fútbol, entretido, con alternativas no xogo e ocasións ante ambas porterias, ambos equipos sairon con ambición neste partido que baixaba o telón a liga 2021-22 na estrea da Segunda RFEF.
Para nada parecía un partido no que ambos equipos se xogaban pouco, ainda asi o partido tivo ritmo e intensidade, e bo fútbolque agradeceron as afeccionados que acudiron ao coqueto estadio avilesino. O Arenteiro saíu mellor e seus foron os primeiros minutos de partido, que estivo igualado ata que os locais marcaron a piques de rematar a primeira parte.
Na reanudación o Avilés ofreceu a súa mellor versión, pero no último cuarto de hora o Arenteiro, espoleado polo numeroso e animoso grupo de afeccionados desprazados dende O Carballiño, fíxose amo e señor único do partido. O esforzo tivo desta vez recompensa e no minuto 89 tras unha gran xogada culminada con gol de Sobrido o Arenteiro conseguía o empate.
Un partido que completa unha gran segunda volta do campionato, na que o Arenteiro foi o cuarto mellor equipo da competición. Punto e final a un gran ano para o club, e a pensar xa na próxima tempada.
Video resumen do partido da TVG: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-remata-a-liga-cun-empate-en-aviles
Ficha do partido: https://www.rfef.es/actas?pid=3499208