Oito empresas presentaron as súas ofertas no procedemento de licitación para a redacción do plan estruturante da ampliación do parque empresarial O Carballiño-Maside.
Oito empresas optan a facerse coa redacción do plan estruturante de ordenación de solo empresarial (PEOSE) e instrumentos de desenvolvemento e execución do parque empresarial do Carballiño-Maside,finalmente unha vez que se pechou o prazo para a presentación de ofertas foron oito as empresas que participaron neste procedemente de licitación feita polo Instituto Galego da Vivenda e o Solo na Plataforma de contratos públicos de Galicia.
A Xunta licitou este procecto cun orzamento base de 504.540,96 euros, ive incluído. O parque empresarial previsto pola Xunta de Galicia constituirá a ampliación do xa existente na Uceira e emprazarase tanto nos concellos de Maside como no do Carballiño.
Inicialmente prevese que o parque empresarial ocupe unha superficie total de máis de 1,2 millóns de metros cadrados dos que algo máis de 230.000 metros cadrados estarán no concello do Carballiño e preto de 990.000 metros cadrados corresponden ao concello de Maside.