A ONCE presenta o cupón dedicado á Festa do Pulpo, venderáse o próximo dia 5 de Agosto en toda España
A comisión de motivos da ONCE volve seleccionar á festa gastronómica carballiñesa para dedicarlle un cupón, que será o do próximo xoves dia 5 de Agosto.
O cupón foi presentado no salón de actos do concello carballiñés no transcurso dun acto no que o alcalde Francisco Fumega agradeceu á ONCE esta dedicatoria, polo que supón de gran promoción da Festa do Pulpo por toda a xeografía española.