A ónde van parar as multas da Policia Local polo incumprimento da normativa covid ? O Partido Popular pide ao concello que o aclare.

5, Maio 2021

O grupo popular no concello do Carballiño fai referencia a unhas manifestacións do Xefe da Policia Local nas que "afirmou que as multas que están a impoñer en relación á normativa Covid non están chegando os presuntos infractores", e recordan que "no pleno celebrado o dia 14 de Decembro do ano pasado -xa hai case cinco meses-  aprobouse a adhesión do concello do Carballiño ao convenio coa Xunta de Galicia para articular a encomenda de xestión para a tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos, compre aclarar cal é o estado de cumprimento de dito convenio por parte do concello".

Por elo, O Partido Popular ven de solicitar ao concello que se aclara esta cuestión e de forma expresa pregunta "polo número de denuncias efectuadas pola Policia Local  en relación a incumprimentos da normativa covid que actualmente están pendentes de tramitar polo concello do Carballiño, número de denuncias que foron remitias á unidade tramitadora da Xunta, identidade do insructor ou instructores dos procedementos, e número de sancións que xa houbesen sido resoltas de acordo co previsto no citado convenio".

Finalmente, os populares manifestan que "coa resposta a estas preguntas quedará aclarado quen é o responsable de que as denuncias estean a quedar en papel mollado, dificultando o traballo da Policia Local e provocando situacións de risco  para os nosos veciños".