Organizan unha novena a San Xudas Tadeo, patrono dos imposibles, para reivindicar a restauración do Mosteiro de Lobás
A intercesión divina, ésta parece ser a única vía posible elexida por un grupo de parroquianos de Santa Uxía de Lobás, que co seu Cura-Párroco Emilio Viétez á fronte da iniciativa, decidiron organizar unha novena na honra de San Xudas Tadeo, Patrono dos imposibles, para solicitar a restauración da Igrexa e Mosteiro de San Pedro de Lobás, o conxunto artístico de máis antigüedade no Concello Carballiñés, xa que data do século XIII, e que permanece en completo estado de abandono. Cedido o seu uso ó Concello do Carballiño por parte do Bispado da Diócese de Ourense, a institución municipal anunciou anos atrás, por medio do Alcalde Carlos Montes, a presentación dun proxecto de restauración que estaría financiado con cargo ó ún por cento cultural que o Ministerio de Fomento destina a obras de rehabilitación do patrimonio histórico artístico naquelas zonas que están afectadas polas grandes obras, como é o caso do ave. Do proxecto e das visitas de Montes ó Ministerio nada máis volveu saberse. A novena celebraráse do 15 ó 24 de outubro na Igrexa de San Pedro de Lobás, e despediráse cun xantar de confraternidade no pobo de Mosteiro o vindeiro dia 24.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións do cura-parroco Emilio Viéitez