A Orquestra Panorama, a charanga Castro Bello e o DJ. Tibu na gran xornada musical e solidaria deste xoves 5 de maio no Carballiño
As condicións meteorolóxicas van acompañar este xoves a actuación da orquestra Panorama no Carballiño, con ceo despexado e temperaturas previstas de 18 graos para o pase de tarde e de 12 graos para a sesión de noite-madrugada.
A xornada ten vocación solidaria, xa que dende a organización do evento pídenlle a todas as persoas que se acheguen a ver o espectáculo da orquestra Panorama na Praza da Veracruz un donativo de 3 euros, a recadación destinaráse por parte da Cruz Vermella ás familias do Carballiño en situación de emerxencia social e ás persoas refuxiadas ucraínas. A propia Cruz Vermella será a encargada de organizar o operativo na Praza da Veracruz.
A orquestra Panorama presentará o seu espectáculo 2022 e fará dous pases este xoves dia 5 de maio nesta nova visita a O Carballiño, de 21:00 a 22:00 horas e de 00:00 a 02:00 da madrugada.
Tamén participarán nesta xornada musical o DJ. Tibu, que amenizará o ambiente de 19:30 a 20:30 h. na Praza do Emigrante e de 23:15 a 24:00 na Praza da Veracruz, mentres que a charanga Castro Bello animará as rúas do Carballiño de 22:00 a 24:00 horas.
A contratación da orquestra Panorama ten un custo de 6.470,47 euros para o concello do Carballiiño, e unha empresa privada cubre o resto dos gastos.