A orquestra Panorama regresa a O Carballiño co seu novo espectáculo "Play Tour 2022" o dia 5 de maio, actuará na Praza da Veracruz en sesións de tarde e noite.
A data do regreso da gran orquestra galega "Panorama" a O Carballiño xa está pechada, según pudo saber COPE O Carballiño e aínda a falta de confirmación oficial será o próximo dia 5 de maio, no calendario da semana dia xoves. Nesa data, a "Panorama" actuará en doble sesión de tarde e noite na Praza da Veracruz presentando o seu novo espectáculo "Play Tour 2022".
A presenza da famosa orquestra no Carballiño, xestionada polo concello do Carballiño, será posible grazas á colaboración e patrocinio da empresa propietaria da pizzería "Cacho Pizza", que celebra este ano o 30 aniversario da súa apertura.
O regreso da Panorama é un dos eventos máis esperados polos amantes das orquestras. A agrupación galega anunciaba a mediados do pasado mes de febreiro que despóis de dous anos parada pola pandemia,volvería xirar este ano e avanzaba, a través dun vídeo, que este ano ía ser "o espectáculo máis grande de España en escenario móbil" e prometendo "a Panorama máis grande da historia".