A orquestra Panorama volve a O Carballiño, será o 17 de setembro, dia do patrón San Cibrán
A orquestra máis famosa de España, a galega Panorama, volve a O Carballiño para actuar na Praza da Veracruz, dentro da programación das festas patronais, e farao o martes 17 de setembro, que será dia festivo local no concello do Carballiño.
Dase a circustancia que será a cuarta visita deste verán da Panorama a nosa comarca, ningunha outra de Galicia suma tantas actuacións da famosa orquestra este ano. En xullo visitou por dúas veces o concello de Boborás, actuando en Cameixa e Feás, e despóis xa en agosto a Panorama actúou na parroquia das Neves de Grixoa, no concello de San Amaro.
Ademáis da orquestra Panorama, o San Cibrán carballiñés contará este ano con outras orquestras, entre elas La Fórmula, charangas, bandas de música, e a actuación estelar da cantante galega Guadi Galego.