Os 2.689 habitantes do rural do municipio do Carballiño non terán franxas horarias a partir deste venres, que sí seguirán vixentes para os 11.338 habitantes do núcleo urbano
Por fin, quen manda e ordena parece que cae do burro e rectifica o que era un erro clamoroso, non distinguir entre municipio e núcleo de poboación, algo que impedía a miles de galegos ter a libertade horaria da que gozan dende o pasado sábado para os paseos todos os que viven en municipios de menos de cinco mil habitantes, que no caso da nosa comarca son todos menos O Carballiño.
Non obstante, a absurda norma obrigaba a veciños de concellos de máis de 5.000 habitantes a unhas normas de franxas horarias que non tiñan ningún sentido en localidades que en moitos casos nin xiquera chegan a unha ducia de veciños.
Pois ben, a partir deste venres dia 8 de Maio desaparece a obrigatoriedade das franxas horarias para os disntintos grupos de idade para saír a pasear ou facer deporte para todos aqueles veciños das parroquias do rural do concello do Carballiño, que pasan a ter libertade horaria, tras a rectifiación do goberno.
Mantéñense as franxas horarias unicamente para os residentes no núcleo urbano do Carballiño (11.338 habitantes), pero non terán xa limitación horaria todos aqueles que residan en calquera das localidades das parroquias da zona rural do municipio, que según o útlimo padrón suman 2.689 habitantes.