Os bombeiros rescatan o cadáver dun home de 63 anos no río Arenteiro, nas inmediacións do Cornuval

9, Xuño 2022

Minutos despóis das 7 da tarde os bombeiros do Carballiño rescataron nas augas do río Arenteiro o cadáver dun home, o achádego fora confirmado minutos antes polas forzas de seguridade, nunha zona do río Arenteiro bastante profunda, situada entre a ponte da estrada N-541 e a pasarela metálica, nas inmediacións do Cornuval.

Unha vez que se procedeu a súa identificación, confirmouse que se trata dun home de 63 anos de idade, veciño do municipio carballiñés. Unha familiar denunciara a súa desaparición ante a Policia Local a primeira hora da tarde e á rápida localización contribuíu a chamada dun particular dando conta da extrana aparición de varios obxetos personais á beira do río, o que chamou a súa atención.

No operativo mobilizado participaron os bombeiros do Carballiño, efectivos do Grupo Municipal de Emerxencias, Policia Local e Garda Civil.