Os centros educativos da comarca suman 37 positivos de Covid: 24 no Carballiño, 12 en Boborás e 1 en Maside.
A semana escolar finaliza con record de contaxios activos de coronavirus na comunidade educativa da comarca do Carballiño, ao rexistrarse un total de 37 casos, a cifra máis alta dende que comezou o curso no pasado mes de Setembro.
Según a última actualización da Consellería de Eduación o centro máis afectado é o CPR Sagrado Corazón, que contabiliza 9 casos positivos en Covid-16, con 6 casos está o IES nº 1, con 4 o IES Chamoso Lamas, 3 no CEIP Calvo Sotelo, e tamén rexistran un contaxio a Escola Infantil e o Colexio Vila do Arenteiro, todos eles no Carballiño. Sae desta relación a Escola Infantil Trastes, que queda libre de coronavirus.
O maior incremento semanal dase nos dous centros do concello de Boborás, no Punto de Atención á Infancia -PAI- son 6 os casos positivos en coronavirus, e tamén con 6 casos figura nesta relación o CEIP Nosa Señora de Xuvencos. Con un único positivo figura o CIP Terras de Maside, e saen desta lista publicada por Eduación os colexios de Cea e O Irixo, ao quedar libres de casos.