Os Comuneiros de Casares, Orosa, Filgueira, O Cardedo e Menaz aceptan as condiciós de Estela Eólica para ubicar a planta de residuos
Tratase dunha extensión de 50 hectáreas de montes veciñais en man común, unha superficie situada a carón do parque eólico que se atopa nesta mesma zona, na parroquia de Santa Maria do Campo, na zona máis próxima ao concello de Piñor, ao lado mesmo do parque eólico. Os comuneiros, reunidos en asamblea, acordaron aceptar a proposta da empresa promotora da planta de residuos, que aluga a propiedade por un periodo de 30 anos a cámbeo dun canon anual de 75.000 euros que se irá incrementado cada ano có IPC, polo que ao final do contrato a comunidade de montes recibiría unha cantidade superior aos 3 millóns de euros. Ademáis, o acordo tamén recolle que os veciños terán prioridade para ocupar os postos de traballo, tanto durante as obras de construcción da planta como posteriormente unha vez que a mesma entre en funcionamento.
O Presidente desta comunidade de comuneiros, Manuel Cerdeira asegurou en COPE O Carballiño que á asamblea na que se tomou este acordo "acudiron 29 dos 39 comuneiros que somos, e dos 29 asistentes 28 votaron a favor e 1 en contra, e deses 10 que non puderon acudir xa me comunicaron que eles estaban a favor do que decidira a maioria".
A asemblea foi convocada con urxencia, de feito noticias chegadas a esta emisora de radio apuntan a que algún dos comuneiros podería impugnar o acordo ao entender que non se fixo a convocatoria en tempo e forma, "se alguén impugna o único que vai facer é retrasar o acordo, eu fixen a convocatoria para defender os intereses dos comuneiros da comunidade que presido, porque son varias as comunidades que están tamén interesadas, hoxe mesmo presentouse na casa do concello o presidente doutra comunidade de montes para ofrecer os seus", suliñou Manuel Cerdeira, que ademáis é 1º Tenente Alcalde do Concello do Irixo.
O Presidente dos Comuneiros asegurou que tan pronto se complete a documentación por ambas partes asinaráse o convenio con Estéla Eólica "que se precisara máis desas 50 hectáreas, entón tamén aumenaría a cantidade económica que recibirémos a comunidade de montes, pero se necesita menos terreo, ese canon nunca baixará dos 75.000 euros". Cerdeira entende que as 7 hectáreas das que inicialmente se apuntara para ubicar esta planta "refirense a planta en sí, pero despois a empresa necesita moito terreo para desenvolver a actividade industrial". Asegurou, ademáis, que "é certo que se están creando unhas plataformas en contra, pero polo que estamos vendo, e xa o dixo o Alcalde, pensamos que o 75% dos veciños están a favor".