Os concellos da comarca conmemoran o Dia Internacional Contra a Violencia de Xénero, con diversas actividades.
Os concellos do Carballiño e San Cristovo de Cea celebraban na mañá deste 25 de Novembro o "Dia Internacional Contr a Violencia de Xénero" coa organización de actos institucionais, no salón de actos da casa do concello do Carballiño e a Praza Maior de Cea, nos que se procedía á lectura dun manifesto pola eliminación da violencia contra as mulleres.
No concello de Piñor terá lugar na tarde deste sábado dia 26 a "1ª Xornada de Eduación Familiar Pola Igualdade" na Praza do pobo do Arenteiro, con unha representación teatral "Avoas" de Run Run Teatro, tamén con "misións" vinculadas á loita pola igualdade de xénero, nas que non haberá tempo para o aburrimento, e sorteo con agasallos para os nenos e nenas participantes.
Pola súa parte, a Mancomunidade de Concellos promove a cuarta edición do Contacontos Familiar, a cargo de Cristina Collazo, con sesións de contacontos que terán lugar en Beariz (sábado 26 ás 16:00 h. no centro social da Forxa) Boborás (sábado 26 ás 19:00 h. no centro multiusos de Boborás) San Amaro (Domingo ás 16:30 h. no colexio) e no Irixo (salón multiusos do concello,ás 19:00 h.)
O concello de Avión organiza durante esta semana varias actividades, das que podes informatrte no seguinte enlace: https://www.concelloavion.org/es/component/content/article/8-news/230-co...
Na foto, o acto celebrado no concello de San Cristovo de Cea.