Os concellos da comarca incrementan os traballos de desinfección nos lugares máis sensibles

24, Marzo 2020

No concello do Carballiño incorpouse un vehículo que está especialmente adaptado para esta función, xa que permite a desinfección de forma mecánica.

O concelleiro de seguridade, Manuel Sotelo, coordena os traballos que se priorizan dende a comisión de seguimento da alerta sanitaria do concello do Carballiño.

O alcalde, Francisco Fumega, comunicaba hoxe que esta actividade de desinfección xa se ven facendo desde a pasada semana naqueles espazos de máis afluencia de público, e desde esta semana van levarse a cabo noutras zonas do ámbito urbano, para esta mesma noite está previsto que a desinfección se acometa nas rúas que baixan dende o centro ata a avenida do Balneario.

Esta mesma actividade de desinfección de lugares sensibles está en marcha en todos os concellos da comarca, prestando especial atención nos centros de saúde, oficinas municipais, farmacias e establecementos de alimentación.