Os Concellos das Comarcas do Carballiño e o Ribeiro repartiránse ún millón 74 mil euros para combater o paro
As axudas, procedentes da Consellería de Traballo e Benestar, permitirán a contratación de 130 traballadores no conxunto dos Concellos das dúas Comarcas. Na do Carballiño serán contratados un total de 57 traballadores, para o que se destinan 456.000 euros, sendo as actividades nas que se incidirá maiormente as de servizos de interese social e os Grumir. No caso dos Concellos do Ribeiro empregaránse 73 traballadores, cun orzamento de 618.000 euros, sendo as actividades máis comúns as relativas ó acondicionamento de espacios naturais e rehabilitación de espacios públicos.
A duración dos contratos oscilará entre os tres e os doce meses. Con este plan de emprego a través dos Concellos, a Xunta de Galicia pretende xerar novos postos de traballo no medio local e rural, disminuindo desta maneira as consecuencias da crise económica que estamos padecendo. A adxudicación de fondos fíxose, según a Consellería de Traballo e Benestar, tendo en conta criterios non só de poboación e taxas de desemprego, senón tamén na solidariedade e o reequilibrio territorial.