Os concellos de Avión, O Carballiño e Piñor reciben vehículos e remolques para mellorar equipamentos en materia de emerxencias
O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, fixo entrega de vehículos e remolques con material de intervención de emerxencias aos concellos de Avión, O Carballiño e Piñor.
A achega do material realizouse ao abeiro dunha orde de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para equipar en emerxencias aos concellos de menos de 50.000 habitantes.
En concreto, entregouse un todoterreo pick up para o concello de Avión; e remolques de emerxencias para os concellos de O Carballiño e Piñor.
Os remolques veñen equipados con electrobombas sumerxibles, motobombas para augas residuais, xerador de electricidade portátil de gasolina, motoserras, rozadoras, unha torre de iluminación e un kit de balizamento e sinalización.