Os concellos de Cea e Boborás reciben 243.000 euros da Deputación para impulsar proxectos municipais
O concello de San Cristovo de Cea contará cunha achega económica por importe total de 118.000 euros concedidos pola Deputación en materia de cooperación cos concellos da provincia.
Asi ven de aprobálo a xunta de goberno da entidade provincial atendendo dúas solicitudes presentadas polo alcalde José Luis Valladares, unha delas para a obra de ampliación do local social de Mandrás, que recibe unha subvención de 18.000 euros, mentres que para o proxecto de electrificación do parque empresarial do Fondo de Cea a Deputación acorda una axuda de 100.000 euros.
Pola súa parte, o concello de Boborás resulta beneficiario dunha achega económica que ascende a 125.000 euros, que destinará ao proxecto construcción do futuro centro multiusos , a ubicar no edificio das antigas casas dos mestres, no recinto do Colexio Público de Boborás, un proxecto que no seu conxunto supera os 400.000 euros.