Os concellos de Cea, Piñor, Avión e San Amaro tamén crean servizos para atender á veciñanza de máis idade durante a crise. Cea desinfecta mobiliario e espazos públicos de risco.
O concello de Cea puxo en marcha un operativo de desinfección de edificios públicos, espazos e mobililiario público, trátase dunha das medidas acordadas polo goberno municipal que preside o alcalde José Luis Valladares e que inclúe tamén un servizo municipal para atender durante a crise do coronavirus a aquelas persoas que viven soas ou presentan factores de risco.
No concello de San Cristovo de Cea algunhas aldeas están a 16 kilómetros de distancia da capitalidade municipal, polo que este servizo cobra aínda máis importancia nesta situación de estado de alerta. Para solicitar este servizo tan so é preciso chamar ao teléfono 988 282 000.
Tamén o concello de Piñor ten operativo un servizo de idénticas características e finalidade, que pode solicitarse no teléfono 629 828 194.
No concello de San Amaro tamén se atenderá especialmente ás persoas que se encontran nos grupos de risco, levándolle alimentos, medicantos e outros productos de primeira necesidade ao seu domicilio, o teléfóno do concello para solicitálo é o 988 288050.
O concello de Avión habilita o teléfono 679 661 538 para aquelas persoas do municipio que teñan algunha necisidade de carácter imprencindible e non poidan desplazarse, tamén o concello de Avión conta con algunhas localidades que están ata 15 kilómetros de distancia da capitalidade municipal.