Os concellos do Carballiño, Boborás, Maside e San Amaro clausuran o obradoiro de emprego e anuncian que solicitarán á Xunta un novo proxecto
Os vinte alumnos e alumnas que formaron parte do obradoiro de emprego “Carbosan 2018/19” recibiron hoxe os diplomas que acreditan a súa asistencia aos respectivos módulos de albanelería e forestal nos concellos do Carballiño, Maside, Boborás e San Amaro.
O acto tivo lugar no salón de plenos do concello do Carballiño, e celebrouse coa asistencia dos alcaldes do Carballiño e Maside, Francisco Fumega e Manuel Cadaviz, respectivamente; da alcaldesa de San Amaro, Mª del Carmen Pérez, e da concelleira de Emprego de boborás, Rosa Pérez, así como do director e moitores do obradoiro.
Neste evento confirmouse a solicitude polos catro concellos participantes dun novo obradoiro para o período 2019/20, que terá os mesmos módulos e número de alumnos que o que se clausurou hoxe.
Os catro representantes municipais agradeceron o traballo desenvolto tanto pola dirección e os monitores como polo alumnado, e que tivo como resultado práctico, ademáis da formación, a realización de importantes obras nos catro concellos.
Neste sentido, amosaron a súa satisfacción polo obradoiro, e destacaron a importancia de ofrecer a posibilidade de que persoas desempregadas poidesen formarse e teñan a oportunidade de atopar traballo.
Un total de vinte persoas participaron neste obradoiro, que conformaron os concellos do Carballiño, Maside, Boborás e San Amaro, e que estiveron distribuidos en módulos de albanelería e forestal. Así mesmo, contou con cinco persoas máis para as labores administrativas e técnicas