Os dias 27 e 28 de Xullo celébrase o 4º RallyMix do concello de PIñor
O concello de Piñor volve apostar por esta competición automobilística, que se vai desenvolver o sábado 27 en horario de mañá e tarde, e o domingo en horario de mañá.
Agárdase que este evento achegue ata Piñor a centos de afeccionados procedentes de toda a xeografía galega.
O parque pechado, e tamén o punto de referencia para achegarse os distintos tramos do rally é o campo da festa do pobo de Arenteiro.