Os dous únicos bombeiros que estaban de garda esta madrugada no parque O Carballiño-Ribeiro excarceraron a unha persoa ferida nun accidente de tráfico en Maside.
Os dous únicos bombeiros que estaban de garda nesta madrugada de martes no parque intercomarcal do Carballiño/O Ribeiro excarceraron a unha persoa despois de quedar atrapada no interior do vehículo, nun accidente de tráfico nas inmediacións do enlace da A-54 coa autovia de Santiago O 112 Galicia tivo constancia do accidente dez minutos antes das tres e media desta pasada madrugada.
Un alertador informaba os xestores de emerxencias de moitos restos de accidente na vía, na AG-53, quilómetro 79, en Maside, debido a que un coche saltase a mediana e precipitásese por un terraplén, de feito, indicaba que non se podía circular pola vía e tampouco acceder ao vehículo sinistrado. Nada máis recibir o aviso, desde o 112 Galicia avisouse enseguida ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros do Carballiño/O Ribeiro. Igualmente foron informados os axentes de Tráfico, os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Maside e o persoal de mantemento da estrada.
Unha vez no punto, os Bombeiros indicaron ao 112 Galicia que a persoa ferida, unha muller de 24 anos, tras ser liberada, foi trasladada polos servizos sanitarios ao CHUOU. Dase a circustancia que esta pasada madrugada eran dous os bombeiros de garda no parque O Carballiño-Ribeiro, o mínimo por turno terían que ser 3, e menos mal porque nos últimos meses e debido ao conflicto laboral nos parques comarcais de bombeiros de Galicia, moitos dias estivo de servizo un único bombeiro ou incluso permaneceu pechado por horas, sen servizo, como se veu denunciando por parte dos propios bombeiros.