Os edificios e as instalacións municipais do Carballiño carecen de seguro
A maior parte dos edificios e instalacións municipais carecen de seguro para o "continente e o contido". Os responsables do equipo de goberno do Partido Popular solicitaron semanas atrás aos servizos administrativos do concello unha copia das pólizas que ten contratadas o concello do Carballiño e atopáronse con esta sorpresa.
As únicas pólizas de seguro existentes son as que foron contratadas para as pallozas do camping muncipal e os seguros obrigatorios de responsabilidade civil e dos vehículos dos que o concello é o seu titular. A preguntas desta emisora de radio asi o confirmaba o Alcalde Argimiro Marnotes "atopámonos con que non temos nin seguro de roubo nin tampouco de incendio para a practica totalidade dos edificios públicos municipais, é unha cousa grave e moi seria coa que nos encontramos e que estamos tratando de solucionar ". Nesta situación, atópase a propia casa do concello, e tamén outras edificicacións, como o auditorio ou a casa da cultura.
Tampouco contan con ningunha cobertura o resto das instalacións municipais, agás a nave-almacén municipal sita á entrada do polígono industrial da Uceira, que foi reconstruída tralo incendio que a destruíra no ano 2007, daquéla o concello non tivera ningún tipo de indemnización ao carecer a insfraestructura de póliza algunha. Unha achega económica de 600.000 euros da Xunta de Galicia fixera posible a súa construcción.
O grupo municpal de goberno do Partido Popular xa encargou a redacción dun informe de todas a propiedades muncipais, coa intención de solicicitar posteriormente propostas ás distintas compañías aseguradoras para correxir esta deficiencia.