Os erros defensivos condenan ao Arenteiro en Cangas
Aínda que o resultado final indica un 4-1 no marcador ao favor do Alondras, o certo é que tan so os erros defensivos do Arenteiro decantaron un partido no que os verdes mereceron bastante mellor sorte, e incluso dominaron en distintas fases, pero 3 regalos en defensa son moitos para non perder un partido.
Certo é que os primeiros minutos foron do Alondras que se adiantou no minuto seis e incluso pudo facer o segundo. Pero logo se repuxo o Arenteiro que logrou empatar o partido cun gol de Igor Sevivas no minuto 20.
Os verdes pasaron a controlar o partido e todo ía ben ata que apenas un par de minutos para chegar ao descanso Vilachá marca en propia portería nun intento de despexar un balón sen aparente perigo.
O autogol antes do intermedio foi un mazazo para os verdes, que sen embargo sairon moito mellor que o Alondras na segunda parte, incluso pudo chegar o empate nun par de boas ocasións, pero non era a tarde.
E asi ata o minuto 73 cando o Alondras marca na execución dunha falta, o balón colle portería e Macía non está acertado. A partir de aí, sí que o Alondras volveu a ser superior, aínda que o cuarto e definitivo gol chegaría por medio doutro agasallo defensivo do Arenteiro.
Demasiádo castigo para os verdes polo visto no cómputo dos 90 minutos. Agora toca pasar páxina e pensar no partido do próximo domingo en Espiñedo ante o Noia CF
Crónica do partido no "Atlántico Diario": http://www.atlantico.net/articulo/deporte-local/goles-son-razones/201709...