Os galardóns da Arenteira recoñen os merecementos de CD Arenteiro, Xosé Carlos Sierra e Héctor Guzmán.
O auditorio do Carballiño acolleu a gala de entrega dos galardóns da Arenteira, que cada ano falla un xurado por iniciativa do Grupo Cer&Ber e Aparthotel Arenteiro, e cos que se recoñecen os merecementos a entidades ou persoas no ámbito do deporte e a cultura e Investigación nas comarcas do Carballiño-O Ribeiro, e tamén se concede cada ano un galardón a título póstumo.
Nesta edición de 2021, o premio da Arenteira na modalidade deportiva foi para o Club Deportivo Arenteiro "pola traxectoria seguida nos 63 anos de historia levando o nome do Carballiño pola xeografía galega e estatal, acadando nos últimos anos un extraordinario pulo como entidada futbolística e conseguindo este ano o ascenso á categoria nacional da 2ª RFEF, competindo con equipos de moito renome no panorama futbolístico español, ademáis de xestionar o fútbol base carballiñés".
Recolleu o galardón o actúal presidente do club, Argimiro Marnotes, que dixo recoller un premio "que é especial, porque os éxitos deportivos dependen dun gol, pero éste é un recoñecemento da sociedade do Carballiño, un recoñecemento para 63 anos, presidentes, directivas, corpos técnicos, deportistas e masa social do club, que non é pequena". Acompañaron ao presidente do Arenteiro neste acto o presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, exdirectivos e directivos, asi como unha ampla representación do corpo técnico e plantel actúal do primeiro equipo do club.
O galardonado no apartado de cultura e investigación foi Xosé Carlos Sierra, do que o xurado recoñeceu "a labor durante máis de 25 anos á fronte do Museo Etnolóxico de Ribadavia, como director do museo das peregrinacións de Santiago de Compostela e o seu rol na creación do museo do viño de Galicia, ademáis da súa ampla obra museográfica e bibliográfica relacionada coa prehistoria e historia de Galicia".
Tras recibir o premio da Arenteira, unha escultura do artísta carballiñés Xesús Carballido, Sierra manifestouse agradecido por un premio que fixo extensible a "todas as persoas que me ensinaron e a todas as persoas que traballaron conmigo", subliñando que era un premio para todos os profesionais da actividade museística e da investigación histórica.
Finalmente, o auditorio carballiñés dedicou unha garimosa ovación cando se entregou o premio a "Título Póstumo" a Héctor Guzmán nacido en Mëxico pero vinculado a O Carballiño, e máis concretamente ao mundo da fotografia e a comunicacion, habitual nas exposicións do Outono Fotográfico e nas actividades da Asociación Fotográfica Potiños. Milagros Fernández recolleu a Arenteira "con moita emoción e con agradecemento por este recordo e recoñecemento para Héctor".