Os incendios forestais deste domingo puxeron en risco varias vivendas nas localidades de Moreiras, Prado e Balboa, no concello de Boborás.

31, Xullo 2022

Os incendios forestais declarados na tarde deste domingo 31 de xullo no municipio de Boborás, xa estabilizados ao caer a noite, chegaron a poñer en risco vivendas na localidade de Moreiras, e tan so a rápida e afortunada intervención dos servizos de extinción de incendios da Consellería de Medio Rural evitaron unha catástrofe.

No operativo mobilizado neste lume en Moreiras participaron ata 6 brigadas, 4 motobombas, unha pala, 8 hidroavións e 5 helicópteros, coordenados por un mando integrado por 3 axentes forestais.

Éste de Moreiras foi o segundo incendio forestal rexistrado no concello de Boborás na tarde deste domingo, xa que anteriormente o lume afectou a montes da parroquia de Xurenzás, onde realizaron as labores de control 5 birgadas, 3 motobombas, 4 helicópteros e un axente. Ademáis, tamén foi requerida a intervención dos bombeiros do parque intercomarcal O Carballiño-Ribeiro, toda vez que o lume amenzaba a vivendas nas localidades de Prado e Balboa. 

Está pendiente a avaliación da superficie queimada en ambos lumes, aínda que neste caso máis que a extensión dos incendios, o principal motivo de preocupación foi a próximidade do lume ás vivendas.