Os Inspectores de urbanismo non puideron entrar na propiedade de Pachi Vázquez, en San Amaro
Rodeada dunha gran expectación mediática, a visita dos inspectores da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística de Galicia resultou infructuosa, xa que igual que acontecera unhas semanas atrás, cando realizaron a primeira visita, os inpectores non puideron acceder ó interior da propiedade, xa que ninguén respondeu as sucesivas chamadas que fixeron ás portas, polo que tras unha espera de 20 minutos, optaron por abandoar o lugar, sen poder desenvolver o seu traballo. A investigación sobre o pazo de Pachi Vázquez, enclavado na localidade de Montes, no Concello de San Amaro, obedece ó expediente aberta pola inspección urbaanistica, despois de saltar á opinión pública diversas irregularidades tanto urbanísticas como fiscais que o Ex-Alcalde do Carballiño e actúal Secretario Xeral dos Socialistas Galegos, tería cometido en relación ás obras feitas desde o ano 2006 na súa propiedade, que ocupa unha parcela de varias hectáreas, con varias construccións, piscina, e instalacións hípicas.
Pachi Vázquez afirmou sentirse acosado e xustificou que "a investigación non ten base legal", ademáis anunciou que acudirá a via xudicial, querelandose contra o Concello de San Amaro e a Xunta. Mentres, desde o Partido Popular, preguntanse qué ten que esconder o dirixente socialista para non abrir as portas da súa propedade e non deixar entrar na mesma ós Inspectores de Urbanismo.