Os ladróns levanse xoias e diñeiro efectivo en pisos dun mesmo edficio no centro do Carballiño
Miguel P.G., de 68 anos de idade, fixo constar na denuncia presentada ante a Garda Civil, que persoas descoñecidas accederon ó seu domicilio a través da porta principal, e xa no interior apoderaronse de 6.200 euros en varios billetes, asi como xoias valoradas en 5.300 euros. Instrúe dilixencias o xulgado nº 1 do Carballiño. Doutra parte, Cesáreo Fernández, tamén veciño do Carballiño, denunciou o roubo no piso, neste caso, os ladróns levaronse xoias de ouro, valoradas en 2.000 euros. Ambas vivendas atopanse sitas no mesmo edificio, na rúa Cánovas del Castillo, a escasos metros da Praza Maior. Neste mesmo edificio, os ladróns conseguiron entrar noutros dous pisos, ambos desabitados, sen os seus propietarios botasen nada en falta. Os roubos cometeronse no intervalo de tempo que foi das 4 ás 8 da tarde, do pasado sábado dia 16.