Os Mosqueteiros agardan a mil persoas, entre participantes e acompañantes, na Maratón MTB que percorrerá por camiños do Carballiño, Boborás e O Irixo
O presidente do Club Ciclista Os Mosqueteiros, Rubén Cerdeira, e a concelleira de deportes do concello carballiñés, Silvia Baranda, presentaron a que será edición número 10 desta actividade que xa está consolidada e recoñecida entre os ciclistas de montaña de toda Galicia, e que terá lugar este próximo domingo dia 15 de maio.
Celebraráse dúas probas, unha media maratón de 40 km. de percorrido e de dificultada media, e a maratón de 73 k. de dficultade media-alta, que percorrerán sendeiros e camiños nos municipios do Carballiño, Boborás e O Irixo., unha maratón que será puntuable para o Campionato Galego de Montaña. A saída será ás 9:30 horas dende a Praza da Veracruz.
Aínda que a inscrición permanece aberta ata as 23:59 horas do mércores 11 de maio, os organizadores agardan unha participación no entorno dos 350 ciclistas, que acudirán esta próxima fin de semana a O Carballiño, a maioria deles con acompañantes, polo que se calcula que unhas mil persoas achegaránse á vila do Arenteiro entre o sábado e o domingo.