Os municipios do Irixo e San Amaro rexistran os primeiros casos positivos de coronavirus
Unha muller de 84 anos convertese na primeira persoa que deu positivo na PCR no municipio do Irixo. O resto da súa familia, coa que convive esta muller no seu domicilio do Irixo non tivo nin ten ningún dos síntomas do coronavirus.
Doutra parte, e tal como xa lles avanzabamos este pasado martes dende COPE O Carballiño, confírmase o primiro caso de contaxio no concello de San Amaro, un home de 68 anos. Permanece en cuarentena no seu domicilio.