Os orzamentos municipais de 2012 descenden un 15,79%, ata os 8,2 millóns de euros
O Alcalde do Carballiño, acompañado de varios membros do goberno municipal do Partido Popular, presentou un avance dos orzamentos municipais para o exercicio de 2012, que se someterán ao debate do pleno da corporación nunha sesión extraordinaria que probablemente convocaráse para a semana vindeira.
"Son uns orzamentos nos que se apreciará un maior control no gasto asi como unha previsión de ingresos á baixa, nos que estamos obrigados a axustar economicamente este concello, pola débeda deixada por outros e pola mala recadación feita durante anos", suliñou o Rexedor Municipal.
O documento elaborado polo grupo de goberno estima unhos ingresos para o presente ano de 8.262.968,11 euros, o que supón unha rebaixa de 1.549.385,28 euros en relación ao anterior orzamento municipal do concello carballiñés, o que representa un 15,79% menos se o comparamos co último aprobado.
Marnotes incidiu en que "a base a previsión de ingresos, e nin un euro máis será o teito de gasto para o 2012, e repartiráse atendendo as necesidades básicas deste concello, unha mellor organización do capital humano, un capítulo de inversións reais e non inflado, e unha obligación coas entidades financieiras para o pago da débeda".
633.310,04 EUROS PARA INVESTIMENTOS
No capítulo de investimentos para 2012, incluense as aportacións municipais as obras do plano provincial e as que se acometerán dentro do plan INEGA, tamén a obra de remodelación do parque infantil da Alameda, a aportación municipal para unha nova Galiña Azul e a reposición de infraestructuras muncipais. Neste mesmo capítulo están as actuacións que se levarán a cabo para distintos equipamentos e mobiliario urbano e para o camping municipal. Non obstante, a maior contía en investimentos será para a aportación do concello carballiñés ao parque intercomarcal de bombeiros, un total de 151.900 euros.
O Alcalde do Carballiño puntualizou como "no anterior orzamento determinabase unha inversión de 1.709.965 euros, dos que resultaba unha inversión real de 537.000 euros, pois este capítulo estaba inflado en algo máis de 1.170.000 euros, polo que podemos afirmar que cun orzamento menor como é o deste ano, conseguimos un incremento do 18% en inversións reais".
Recollese a previsión de concesións de subvencións para gasto corrente cunha partida total de 237.000 eruos, un 14,66% menos que no exercicio anterior, que se poden outorgar "a colectivos, asociacións, para o fomento do turismo, o emprego, a cultura e o deporte, asi como as aportacións a outras entidades e organismos, tales como a Mancomunidade Turística, o Eixo Atlántico o o Padroado de Turismo, que amplia as súas competencias pasando de 36.000 a 60.000 euros", manifestou o máximo responsable municipal.
3.266.144 EUROS EN GASTOS DE PERSOAL
O gasto en persoal reducese en 625.000 euros, según os datos aportados polo rexedor municipal, un 16% inferior ao anterior orzamento, que leva ao Alcalde a manifestar que "despois de moitos anos o capítulo de persoal non é o máis elevado do orzamento, o que se debe á optimización dos recursos humanos".
Contemplase neste capítulo un total de 47.800 euros para o pago de indemnizacións a varios traballadores "que tiveron o remate da súa relación laboral co concello, e non obstante elo suporá un aforro para as arcas municipais, xa para este ano e aínda máis para os vindeiros", asegurou Marnotes.
Incorporanse dúas dedicacións parciais ao equipo municipal de goberno. A asignación económica prevista será de 600 euros ao mes maís seguridade social, dedicacións parciais que ocuparán o Concelleiro de Obras Magín Daparte e a Concelleira de Benestar Social, Purificación Alberte.
En total, están orzamentados 158 postos de traballo, dos que na actualidade están ocupados 144, no cadro de persoal funcionario, persoal laboral fixo e indefinido, e persoal laboral temporal.
3.382.104 EUROS EN BENS E SERVIZOS CORRENTES
O maior gasto para 2012 será o deste capítulo "no que se fixo un minucioso estudio dos costes dos distintos servizos municipais, unha novidade salientable é que non se contempla dotación para a festa do pulpo, xa que a súa xestión corresponderá ao Padroado de Turismo, asi como tamén se tivo en conta a externalización de distintos servizos, tales como o da recollida do lixo, parte do servizo de limpeza dos edificios municipais ou o servizo de axuda a domicilio", manifestou o Alcalde Carballiñes.