Os pais e nais de alumnos do Calvo Sotelo desconvocan as protestas, tras reunirse co Secretario Xeral de Educación
Os pais e nais de alumnos do colexio Calvo Sotelo que están a demandar que se complete o proceso de implantación da xornada única trasladaron esta mañá a súa protesta atá a sede da Consellería de Educación, en Santiago de Compostela. Mentres a maioria facía pública a súa petición ás portas da Consellería, un grupo de oito pais e nais foron recibidos polo Secretario Xeral da Consellería, ó que fixeron entrega dun escrito con trescentas sinaturas de apoio a esta reivindicación. Tras esa reunión, os pais desplazados a Santiago valoraron positivamente a postura de diálogo do Secretario Xeral de Eduación, do que acadaron "un compromiso serio para estudiar o noso caso e buscar unha solución" declarou en Cope O Carballiño Ricardo Paz, como portavoz deste colectivo de pais, unha solución que se tratará de buscar " coa elaboración dun novo estudio sobre os costes no transporte escolar, facilitandolle documentación detallada ós pais, e colaborando unhos e outros na procura dunha solución que fora económicamente máis viable". De feito, e tras esa reuníon desta mañá na Consellería de Educación, as nais e pais desplazados a Santiago decidiron en asemblea desconvocar a protesta prevista a partir de mañá, e que consistiría en non enviar os fillos a clases, unha medida de presión que queda aplazada atá mediados do mes de febreiro, a tenor do que suceda nos vindeiros dias.