Os portavoces socialistas de Piñor, San Amaro e O Irixo denuncian a "desastrosa xestión da Mancomunidade de Concellos"
Os portavoces socialistas nos concellos de Piñor, San Amaro e O Irixo protagonizaron unha comparecencia conxunta ante os medios na que puxeron de manifesto "graves deficiencias no funcionamento da entidade supramunicipal que agrupa, na actualidade aos tres citados concellos, ademáis dos de Boborás e Beariz, nestes últimos o PSOE non conta con representación nas súas respectivas corporacións.
Os socialistas aseguran que de forma habitual prodúcense atrasos no pago das nóminas ao persoal da Mancomunidade, unha situación que xa foi tamén denunciada públicamente polos propios traballadores no transcurso dos últimos dias, e mesmo falan de "discriminación entre traballadores, porque unhos cobran antes ca outros".
A deficiente xestión na Mancomunidade tamén afecta aos proveedores "con moitos impagos e inculmplindo sistemáticamente os prazos de pagamento", denuncian os socialistas.
Culpan directamente ao Presidente da entidade intermunicipal, Manuel Cerdeira, que ademáis é tenente de alcalde no concello do Irixo, de levar á Mancomunidade a ser "un chiringuito con finalidades electoralístas, cun gran aumento na plantilla de traballadores durante o actúal mandato, case todos eles do Irixo, o que agocha unha estratexia electoral cara os comicios municipais", dixo Iago Fariñas, portavoz socialista no Irixo.
"Hai xente en Piñor que non recibe o servizo de axuda no fogar, a pesar de que hai horas libres sobrantes, querémos saber as razósn", subliñou Francisco Fraga, que calificou como de moi deficientes os servizos que presta a Mancomunidade aos concellos "ademáis de moi costosos".
Os socialistas anunciaron unha serie de iniciativas de control na xestión da Mancomunidade "para que respecten os nosos dereitos de acceso á información", concluiron.