Os resultados electorais concello a concello: este domingo 28-M a partir das 20:30 h. no programa especial de COPE O Carballiño

27, Maio 2023

A partir das 20:30 horas, en emisión simultánea a través do 91.9 FM e online por medio de www.copecarballino.es, esta emisora de radio ofrecerá en directo o programa especial 28-M, no que darémos conta do desenvolvemento da xornada electoral, concello a concello, nun programa conducido por Xan Pinal.

Coa emoción do reconto e os primeiros datos provisionais, cos datos definitivos, os comentarios dos nosos analistas nos estudos de COPE O Carballiño, conexións con todos os concellos e as primeiras reaccións dos candidatos e candidatas tras coñecerse quenes van gobernar os nosos concellos e quenes van exercer a oposición para o mandato 2023-2027.

Tamén os oíntes poderán achegar as súas impresións e comentarios no WASSAP 698 127 241