Os Servizos de Emerxencias controlan un conato de incendio no barrio de Flores
O espeso fume que saía pola cheminea levou a un veciño a dar a voz de alarma, foi providencial para que non se propagase o lume.
Os Servizos de Emerxencias do Concello do Carballiño recibiron o aviso sobre a unha da tarde e en poucos minutos conseguiron controlar a situación. Ao parecer, o lume prendeu no illante do tiro da cheminea nesta vivenda habitada, na rúa Caravel, no barrio de Flores. Tan so se produciron danos materiais, sen consecuncia algunha para os veciños.