Os sindicatos demandan a xestión pública da nova Residencia de Maiores do Cornuval
Representantes do Comité de Empresa da Consellería de Traballo e Benestar concentraronse ante a casa do concello do Carballiño para rexeitar o modelo de xestión anunciado pola Xunta para a nova Residencia de Maiores do Cornuval.
Membros da CIG, UGT, CC.OO e C.S.I.F lamentaron que as únicas informacións das que dispoñen son a que facilitaron os medios de comunicación, trala entrevista do alcalde do Carballiño coa conselleira de Traballo e Benestar e posterior anuncio da Xunta dando conta que antes de rematar o ano 2014 procederá a convocatoria dun concurso público para adxudicar a xestión do servizo.
O Comité de Empresa esixe que a xestión da futura residencia sexa pública a todos os efectos.