Os Socialistas afirman que "o Partido Popular incumplíu o 100% do seu programa neste 1º ano de goberno"
O Portavoz do grupo muncipal socialista considera que o primeiro ano de goberno popular no concello carballiñés serviu para "que se incrementasen taxas e impostos" e tamén para que as políticas do Partido Popular provocasen "unha puñalada á comarca do Carballiño".
Paco Fumega referíuse expresamente "ao decreto de paralización das enerxias renovables do goberno de Madrid motivando que un dos focos fundamentais do noso polígono industrial como é o sector eólico estea pasando un momento difícil". Non foi a única mención que fixo o portavoz socialista a área industrial do Carballiño, afirmando que "no plan sectorial de ordenación das áreas empresariais da Comunidade Autónoma Galega, a comarca do Carballiño queda totalmente excluida da posiblidade de crear solo industrial"
Fixeron especial fincapé os socialistas na perda de postos de traballo durante o primeiro ano de mandato municipal do Partido Popular no concello carballiñés "cando no programa electoral se recolle a dotación de fondos para o emprego, e non vemos ningunha inicitava que permita albiscar que se está traballando nesa liña, e lamentablemente cada dia son máis os S.O.S de familias desesperadas pola súa situación que estamos recibindo no partido".
Fumega tamén lamentou a perda de postos de traballo no sector público e como exemplo puxo "a non apertura da residencia do Cornubal, onde se perderían 90 postos de traballo, cando no goberno bipartito fixerase daquéla un gran esforzo para dotar O Carballiño desta residencia, pola necesidade que hai de prazas, e ao mesmo tempp como unha aposta clara polo futuro e o desenvolvemento dun sector que está chamado a ser un elemento fundamental". Recordou tamén como no programa electoral do Partido Popular figuraba a apertura todo o ano da residencia de tempo libre "e tampouco eso se cumplíu", dixo.
Outro dos aspectos máis criticados polo portavoz socialista da xestión do Partido Popular foi o incremento dos prezos das taxas municipais e o IBI "o abstecemento de auga incrementouse un 4%, e asi seguirá a facerse atá o ano 2020, igual que as escolas deportivas que suben un 15%, a escola e teatro un 3,5% ou outros servizos de educación como o conservatorio, cun incremento do 20% anual, cando o Partido Popular o que prometera fora rebaixar a carga impositva", concluíu Fumega.