Os Socialistas critican "a desidia municipal e estado de abandono do parque etnográfico"
O Concelleiro Manolo Dacal lamentou que "se abandonen unhas instalacións polas que pasaron máis de 15.000 persoas cando nós estabamos no goberno".
Dacal puxo como exemplo desta situación "o derrubamento do pendello do muiño do Anxo" que forma parte deste Parque Etnográfico do Río Arenteiro "xa que fai dous meses que caeu o chan e desde entón permanece en tan lamentable estado, dando unha imaxe moi mala da zona e do abandono ó que está sometido por este goberno".
O concelleiro socialista salientou "o gran esforzo que se fixo nesta zona, que era un basureiro, recuperando e poñendo en valor unha zona que debería ser ún dos grandes activos para o turismo no Carballiño, todos sabemos como estaba aquelo e do traballo que se fixo nas sucesivas escolas taller, para agora deixar que se estrague todo", apuntou Dacal, que no anterior mandato dirixira a área municipal de turismo do concello carballiñés.