Os socialistas critican a perda dunha subvención, que negan dende o goberno municipal
Según o PSdG o concello do Carballiño perdeu "en torno os 10.000 euros" ao ser denegada unha liña de axuda que sería destinada aos programas de de fomento da conciliación, mentres que a concelleira de Benestar Social considera que a información socialista é "errónea e malintencionada".
Os socialistas afirman que a subvención foi denegada por un defecto na tramitación da solicitude ao "non declarar os ingresos xerados polos cobramento de cotas, taxas ou similares por participación na actividade". Engaden ademáis que "non é a primeira vez que nos atopamos con que na concellería de Benestar Social se perde unha axuda necesaria, debido, supoñemos, á ineptitude coa que se dirixe esta área, recordamos que dende que está o PP no goberno municipal xa se perdera unha axuda destinada ao CIM", remarcan.
Versión ben distinta é a da concelleira. Purificación Alberte asegura que "vimos de recibir unha axuda para as actividades do CIM de 28.800 euros, é lamentable que o Partido Socialista intente confundir os veciños e veciñas do Carballiño con este tipo de críticas, e máis cando eles saben que o CIM creouse o ano 2007 gobernado eles e ata o ano 2001 foron incapaces de xestionar subvención algunha, polo que o coste do servizo sempre foi a cargo do concello ata que chegamos nos". En relación á liña de axuda rexeitada, a concelleira manfestou que "foron catro as liñas de axuda solicitadas, e delas unha denegada, que agora temos un mes para recurrir".