Os socialistas critican que se destinen 314.000 euros para o complexo deportivo da Estación "cando no Irixo temos outras necesidades básicas sen atender"

18, Maio 2022

O portavoz socialista no concello do Irixo, Iago Fariñas, acompañado dos tamén concelleiros do grupo municipal Rosa María Dalama e Juan Pousada, mostraron no transcurso dunha comparecencia a súa postura crítica co proxecto promovido polo concello do Irixo, que se ubicará nas explanadas da estación de ferrocarril e tras a cesión regulada mediante convenio asinado entre a institución municipal e Adif.

O "Centro de actividades deportivas ao aire libre Arracada" precisará dun investimento de 314.753 euros, según os datos aportados polo portavoz socialista, que considera necesario "traballar na mellora dos servizos básicos en non facer este tipo de inversións que son un disparate, no Irixo falta moito por mellorar".

Iago Fariñas enumerou algunha das máis dun cento de mocións que presentou nos últimos anos ante o pleno da corporación municipal na que demandaba a mellora de servizos básicos "e que aínda están sen atender", como poden ser o saneamento en numerosos núcleos de poboacion ou o deficiente estado de mantemento da rede viaria municipal. "Non nos opoñemos a novas instalacións deportivas, pero é unha cuestión de prioridades, cántos veciños do Irixo xogan ao golf ou cántas raquetas de pádel temos no Irixo", preguntouse o portavoz socialista.