Os Socialistas critican "a reducción de medios na comarca no operativo de extinción de incendios"
A Agrupación Comarcal do PSdG-PSOE afirma que o operativo previsto para a comarca do Carballiño durante este verán reduciráse en 61 efectivos.
Según dos socialistas "pódese marear a perdir de moitas maneiras, pero os números son os que son e o dispositivo da Xunta pasa de contar con 7 emisoristas a 3, de 7 vixiantes de caseta a 1, de 18 conductores de motobomba a 9 e de ter 22 brigadas compostas por 5 persoas a 17 brigadas con só 4 compoñentes en cada unha delas", aseguran.
Consideran que a nova situación do servizo de extinción de lumes é de alarma "cando todos os pronosticos auguran un verán caluroso e as experiencias de Canarias, Cataluña ou Valencia dos últimos dias demostran a importancia dun operativo adecuado para evitar que o lume faga o dano que xa os galegos sufrimos con anterioridade", apuntan.
Os socialistas califican de "agresión" este operativo que "pon en perigo á comarca do carballiño", unha situación da que culpan a Alberto Núñez Feijóo e o resto da Xunta. Tamén critican a "falta de iniciativa do goberno municipal do señor Marnotes á hora de presionar aos seus compañeiros de partido na Xunta nun tema de vital importancia para a defensa da nosa comarca e concello", recalcan.