Os Socialistas da Comarca mobilizaránse contra a posible supresión do Partido Xudicial do Carballiño.
Os socialistas presentarán mocións en todas as corporacións municipais da comarca e recollerán sinaturas entre a veciñanza en contra da desaparición do actúal Partido Xudicial do Carballiño, demarcación que abrangue aos 9 Concellos da Comarca.
Os Alcaldes Socialistas de Piñor e Maside e portavoces do PSdG-PSOE dos distintos concellos anunciaron a posta en marcha dunha campaña de mobilización cidadán contra esta posibliadade que se anunciou a través dun estudio do Consello Xeral do Poder Xudicial, no que se propón a modificación da Lei de Demarcación e de Planta Xudicial. Según esta proposta, a provincia de Ourense quedaría dividida en tan só dous partidos xudiciais, e conlevaría polo tanto a desaparición dos dous xulgados de Primeira Instancia e Instrucción cos que conta O Carballiño.
"Esta é unha ocurrencia do Partido Popular, unha barbaridade que acabaría cos dereitos que ante a xustiza nos fan iguais a todos", dixo Guillermo Dopazo, Concelleiro en Cea e Deputado Provincial, que culpou e responsabilizou directamente ao Partido Popular desta situación "de continuos recortes, na sanidade e na educación, e agora tamén coa xustiza".
O Portavoz no concello carballiñes, Paco Fumega, recordou que os xulgados do actúal Partido Xudicial do Carballiño ofrecen cobertura a 30.000 persoas "polo que estamos ante unha decisión arbitraria e inxusta, que prexudica dun xeito claro Ó Carballiño". Para xustificar a permanencia da actúal demarcación xudicial, puxo de manifesto a actividade que desenvolve "con 380 procedementos civís e 2.500 asuntos penais ao ano".
Fumega comparou a situación que se plantexa co sucedido no século 19, desmantelando os servizos das vilas "e facendo a sociedade das cidades, a este paso en Galicia quedarán Ourense, Lugo e as grandes cidades".