Os socialistas de Leiro advirten que "a ineptitude do alcalde" volve poñer en perigo a subvención de 80.000 euros para a reforma da rúa Casanova
O PSdeG-PSOE a través do seu Portavoz Municipal Manuel Rodríguez "quere facer un pouco de historia con respecto a esta rua Casanova para o que o 22 de agosto do 2019 se asinou un Convenio de colaboración entre o Concello e a Deputación, e no mesmo figuraba unha subvención provincial de 80.000€ coa que o ente provincial se compromete a financiar integramente a obra, tendo o Concello que pagar a redacción do proxecto, obra tiña que comezar a execución a finais do ano 2019” cousa que non aconteceu. Polo que o rexidor comentou que se trasladaba o ano 2020”.
Os socialistas de Leiro "vendo que vai acabar o ano 2020 e as obras ainda non se iniciaron, fixemos unha consulta a Deputación atraves do noso Diputado Provincial na Comarca do Ribero que e Nacho Gomez e que foi preguntado o tema de que esta a pasar para que non se inicien as obras, e unha vez revisado o Expte de esa obra por parte do noso diputado provincial, nos comenta que non encontramos ningunha razón obxetiva para que esta rua Casanova non se empezara, e o que si nos aclara o expte e que o dia 15 de Decembro de 2020 esta rua ten que estar rematada e entregada, cousa que a día de hoxe e imposible outra vez como aconteceu o ano pasado e que explicamos con anterioridad, e que enton visto o que xa aconteceu,volvemos a ter un novo fracaso na xestión dos recursos públicos", manifestan.
Desde o Grupo Municipal subliñan "que o unico que facemos no noso Concello e traballar para que os veciños teñan as cousas en tempo e forma de fiscalizar o Grupo de Goberno e non o que está acontecendo agora mesmo, que por unha incompetencia na xestión do Rexidor Municipal porque ten tanto traballo noutros entes e tanta ocupacions que non atende o basico que e o Concello polo que esta subvención se pode perder, como xa alertaramos da otra vez no ano 2019, e que volvemos a reiterar neste ano 2020".