Os socialistas de Leiro consideran que o PP non convoca o pleno "para silenciar á oposición"
O Grupo Municipal Socialista de Leiro afirma que o PP incumpre a lei non convocando o pleno ordinario que tería que celebrarse este xoves 24 de febreiro, para silenciar á oposición e obstaculizar o control á acción de gobernó. O portavoz, Manuel Rodríguez, explica que a través dun escrito o alcalde en funcións de Leiro suspendeu a celebración do pleno ordinario escusándose nas obras que se están a realizar no Concello.
“Pero o obxectivo de aplazar o pleno non é máis que evitar o punto de rogos e preguntas na orde do día e non deixar falar á oposición, xa que o pleno que se celebrará en marzo será extraordinario”, sinala.
Rodríguez considera que se está incumprindo a lei e menoscabando os dereitos dos concelleiros socialistas como representantes dos cidadáns, polo que anuncia que se emprenderán as accións legais pertinentes.
Ademais, salienta “a ineptitude do alcalde en funcións, que non é máis que un monicreque do alcalde, que actúa con medo ao rexedor municipal e utiliza artimañas pouco democráticas, como negar o uso dun local público a unha asociación para unha charla informativa”. “Como sempre utilizando as institucións dende una óptica partidista como se os locais públicos foran do Partido Popular", engade.
Por último, Rodríguez apunta que o alcalde en funcións nin sequera fixo ben o aplazamento, porque o escrito chegou o día anterior á data do pleno, e tería que ser como mínimo dous días antes ou ben convocar unha xunta de portavoces; eso si, para cobrar por facer mal o seu traballo non se equivoca”, conclúe.