Os Socialistas de Leiro critican "a deixadez do alcalde do concello"
O Grupo Municipal Socialista de Leiro rexistrou dous escritos nos que instan ao alcalde a que atenda as necesidades do municipio.
Manuel Rodríguez, o portavoz socialista, lamenta "que non se tomen medidas para mellorar a vida dos cidadáns, e denuncia as deficiencias que afectan ó concello, como as árbores que sobresaen do muro dun veciño a via pública de Gabino Bugaball que poñen en perigo os vehículos e os viandantes".
O Grupo Municipal Socialista critica que non se tomen medidas para arranxar a entrada principal da igrexa parroquial de Leiro na súa marxe dereita, coa calzada moi deteriorada,e na rúa Gabino Bugaball a altura do Centro de Saúde, onde estanse a levantar numerosas lousas da beirarrúa.
Por último o portavoz socialista pon de manifesto "a falta de preocupación do alcalde que chega a extremos de deixar a un único veciño do núcleo de Barro sen luz", e instan ao alcalde a que inclua unha luminaria no plan provincial deste ano, e que a empresa concesionaria da estrada EIXO DO RIBEIRO o seu paso polo termo municipal, a altura da Esperela arranxe os desperfectos das beirarruas, "deficiencias estas denunciadas polo grupo municipal dende fai moito tempo", afirma.